Un ano máis a Concellaría de Xuventude
do Concello de Soutomaior convoca o Concurso Literario Verbas para comunicar, que xa chega á súa sétima edición. Este certame ten como obxectivo impulsar a creatividade, a
comunicación e a lingua galega entre a mocidade do municipio. O
Equipo de Normalización Lingüística do colexio, xunto co Departamento de
Lingua Galega e o profesorado do ámbito sociolingüístico, colaboran
neste certame para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano se lle dedica ao poeta Xosé María Díaz Castro. Nos taboleiros das aulas da ESO tamén podedes consultar as bases do concurso, que coma sempre ten uns premios moi atractivos en cada unha das categorías (A, de 12 a 14 anos; e B, de 15 a 18):
- 1º Premio: Tablet
- 2º Premio: Libro electrónico
- 3º Premio: Cámara fotográfica
- 4º Premio: Marco dixital
- 5º Premio: Impresora
- 6º Premio: auriculares
As bases son moi flexibles e
abertas para que todos e todas vós atopedes iso tan importante que
queredes expresar. Os requisitos básicos son:
- A temática será libre tendo en conta que o obxectivo xeral é transmitir unha idea, unha opinión, un sentimento... que desexemos compartir con outras persoas.
- Estará redactado en galego e valorarase a corrección lingüística, así como a presentación adecuada e a orixinalidade do traballo.
- O texto non poderá superar as 12 liñas e presentarase en papel ou cartolina que non supere o tamaño A4. O formato é, polo tanto, tamén libre: prosa, poesía, unha mensaxe, unha carta, un artigo de opinión, etc.
Pensade nunha idea, tirade dela, dádelle forma, pensade nos materiais se ides debuxar ou ilustrar o texto e... non deixedes de consultar todas as dúbidas cos vosos profesores e profesoras e, xa sabedes
E non esquezades que o prazo remata o 9 de maio!