xoves, 13 de febreiro de 2014

Comezamos unha nova etapa

http://equipodenormalizacionlinguisticampt.blogaliza.org/

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do colexio comeza unha nova etapa dixital coa posta en marcha deste novo sitio web, Latexos da Lingua, que é o nome da nosa revista e que vén dar continuidade ao noso vello e querido blogue, que cubriu anos de intenso e feliz traballo do Equipo, o profesorado e o alumnado do centro. 

Dende esta primeira entrada queremos agradecer o labor de todos os compañeiros e compañeiras que protagonizaron esa etapa na rede, pero sobre todo nos corredores e aulas do colexio e nas rúas e prazas de Soutomaior coa ilusión de facer avanzar o uso da lingua galega entre a comunidade educativa e o seu contorno e de dignificar o noso idioma contrarrestando os antigos e os novos prexuízos existentes na sociedade.

Moitos parabéns e moitas grazas!

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Blogger Templates