xoves, 20 de febreiro de 2014

Concurso de Mensaxes Breves de Amor


Febreiro chegou coa Candeloria (día 2), o día no que os paxaron casan e a partir do cal ningunha ave voa soa, e seguiu co San Valentín (día 14), unha celebración desvirtuada pola súa dimensión comercial pero que tamén nos dou pé para rematar o mes cun concurso de mensaxes de amor (ou de desamor) que ten unha característica moi especial: trátase de espremer ao máximo a vosa creatividade nun máximo de 140 caracteres. Xa sabedes, toca expresar as emocións e sentimentos amorosos como se fose para un chío do twitter... e en galego, unha lingua ben amorosa.



 CONCURSO DE MENSAXES BREVES DE AMOR
E por  que non llo dis en galego?

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Manuel Padín Truiteiro convoca o Concurso de Mensaxes Breves de Amor no mes da Candeloria (2 de febreiro), o día no que os paxariños casan, e o San Valentín (14 de febreiro).
BASES
1.   Poderá participar todo o alumnado da ESO entre o 14 e o 28 de febreiro de 2014.
2.   O certame consiste na elaboración dunha mensaxe breve de amor en lingua galega.
3.   Cada alumno/a participante deberá escribir unha única mensaxe nun post-it que pegará no taboleiro disposto no primeiro andar e identificarase cun pseudónimo. Así mesmo, deberán cubrir unha tarxeta branca que inclúa o pseudónimo, nome e apelidos e grupo, e depositala na urna disposta a tal efecto a carón do taboleiro. 
4.   A mensaxe non debe superar os 140 caracteres (incluídos espazos en branco e as emoticonas) e será inédita.
5.   Valorarase a creatividade e a orixinalidade da mensaxe e serán excluídos todos aqueles textos de carácter discriminatorio ou ofensivo.
6.   Establécese un sistema de votación popular para elixir as mensaxes gañadoras. Poderán votar ata o día 5 de marzo todos os alumnos e alumnas da ESO cun só voto por persoa. Para iso, deberán cubrir unha tarxeta amarela co seu nome e apelidos e identificar a mensaxe elixida co pseudónimo co que foi asinada. Os votos serán depositados nunha urna disposta a tal efecto.
7.   Establécense dous premios por categoría (1º e 2º ciclo) e mais un premio para un/unha dos/as alumnos/as votantes, que será escollido ao chou de entre todas as tarxetas de votación depositadas na urna.
8.   A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Blogger Templates