luns, 7 de abril de 2014

Toponimia de Soutomaior

Mañá teremos a oportunidade de coñecer máis polo miúdo a toponimia do noso concello e dos municipios limítrofes da man de Vicente Feijóo Ares, investigador do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega. O noso convidado, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa da USC, foi coordinador do proxecto Toponimia de Galicia, que ten como obxectivo contribuírmos a coñecer mellor e preservar a nosa identidade a través da compilación dos nomes de lugar, que podemos consultar a través da páxina web do proxecto. 

Ninguén mellor, polo tanto, que Vicente Feijóo para coñecer a nosa toponimia máis próxima, o seu significado, como a podemos clasificar, todo o que nos conta sobre o noso pasado colectivo, que utilidade ten para nós, que ferramentas tecnoloóxicas temos ao noso dispór para situármonos con nomes propios no mundo, etc. 

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Blogger Templates