luns, 7 de abril de 2014

"Mitos e realidades", un obradoiro de banda deseñada con Xosé Tomás


O ilustrador e humorista gráfico Xosé Tomás impartirá un obradoiro de banda deseñada este xoves 10 de abril para o alumnado de 3º da ESO nunha actividade que organizan conxuntamente diferentes departamentos do noso colexio baixo a coordinación do Equipo de Normalización Lingüística. 

Xosé Tomás, que profesionalmente exerce como profesor de Inglés no ensino secundario, ten unha traxectoria moi dilatada no mundo da ilustración e o humorismo gráfico, da banda deseñada, do cartelismo e no ámbito das artes plásticas en xeral; unha boa mostra dos seus traballos poden verse no seu blogue

A súa obra abrangue tantos campos que nos sería complicado facer aquí un resumo de todos eles, mais de seguro que se botades unha ollada na nosa biblioteca atoparedes o nome deste debuxante como ilustrador dunha chea de obras de literatura infantil e xuvenil ou como colaborador na xa extinta revista Golfiño, entre outras moitas publicacións. Na biblioteca tamén podedes encontrar a novela gráfica Nomades, oito historias que nos achegan ao fenómeno da emigración en clave feminina.   

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Blogger Templates